Panorámica
A mina de coltán de Viana do Bolo
A seguinte parada lévanos ata o concello ourensán de Viana do Bolo. Dende o 2018 converteuse no único lugar de toda Europa que alberga unha mina de coltán, un mineral clave para a fabricación de teléfonos móbiles. Esa mina está na Penouta, que no seu día foi unha mina de estaño.
Estes días está de actualidade porque o CSIC en colaboración coa empresa que explota o xacemento, Strategic Minerals, conseguiron separar os metais que integran o coltán sen necesidade de facer o proceso fóra.
Do coltán, dos seus usos, e da mina da Penouta fálanos Nuria Polo na seguinte panormámica.