Panorámica
A Lei do xogo
Non é a primeira vez que abordamos este tema, pero hoxe imos darlle outra reviravolta. Protexer os menores é un dos principais obxectivos, segundo a Xunta, do anteproxecto da Lei do Xogo, que está en período de exposición pública. Fronte á normativa actual, que data do ano 1985, o novo texto establece controis de acceso ós salóns de xogo e amplía a distancia entre este tipo de locais e os centros educativos.
Para os colectivos de xogadores anónimos o documento é un parche que non contempla medidas de prevención e por iso anuncian alegacións. Desde o sector, malia que se aceptan as novas restricións, dise que a lei actual xa contempla prohibicións para evitar que os menores se acheguen ós locais de xogo. Un traballo de Teresa Comesaña na redacción e locución e se Isidro Cea no apartado técnico.