CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Iago Bouzón, axente futbolístico: "Nas últimas horas de mercado ten que ceder máis o xogador que o club"

31/08/2021 - 15:26 h

No día do peche do mercado de fichaxes, o exxogador e agora axente de futbolistas Iago Bouzón pasou pola 'Zona mixta' para explicarnos como se viven dende dentro estas últimas xornadas.

Estes días, explica Bouzón, son os clubs os que teñan máis forza para negociar fronte aos desexos dos xogadores que buscan equipo. Di que, en xeral, en España houbo “un troco de cromos”, porque a maioría dos clubs buscaron aforrar salarios de futbolistas, máis ca facer grandes fichaxes. E tamén faltou, pensa, o ‘efecto pirámide’ que podería desencadear unha fichaxe millonaria nun dos clubs máis ricos.

Sobre os equipos galegos, Bouzón cre que o Celta "se está a mover ben, fiándose do adestrador", que o "Lugo fixo o que puido, que non é pouco", tendo en conta as súas limitacións económicas, e do Deportivo destaca que "asinaron xogadores que saben o nivel da categoría".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso