Zona Mixta
Reunimos a Vane (Ourense) e Elena (Burela) camiño da Copa: “Elas son profesionais, nós temos que madrugar para traballar”
Hoxe conectaron en 'Zona mixta' cos autobuses de Ourense fútbol sala e Burela con Vanesa Barberá e Elena Aragón, respectivamente, que nos contaron como van vivir o enfrontamento da Copa da Raíña, logo de se enfrontar recentemente.
Vane: "Síntome galega, teño a miña vida feita en Ourense, e quero seguir aquí"
Elena: "Botaba de menos a praia en Madrid e aquí téñoa ao lado, aínda que o tempo era mellor en Chiclana, claro"
Vane: "Aínda me lembro do balonazo que me meteu a semana pasada Elena, puiden comprobar en carne propia o duro que dispara. Iso si, mellor levar balonazos e non que entren na portería"
Vane: "Levo sete temporadas traballando como administrativa en Envialia"
Elena: "Nós somos profesionais e dedicámonos a isto ao cen por cento. No Burela partimos sempre de favoritas, pero logo hai que demostralo na pista"
Vane: "Elas son profesionais e están obrigadas a gañar, nós ao volver de viaxar temos que madrugar para traballar ao día seguinte"
Vane: "A clave vai ser poder manterlle o ritmo ao Burela"
Elena Aragón: "Imos ir pola vitoria desde o principio, desenvolvendo o xogo que fomos facendo toda a tempada"
Elena: "Se lle tiro un penalti só espero que entre, eu é por facerlle un favor, para que non leve un pelotazo"
Vane: "Pois mira, eu prefiro que nin haxa dobre penalti"
Con humor e boa deportividade as dúas contendentes celebraron unha entrevista a dúas bandas inédita de camiño nos respectivos autobuses.