Zona Mixta
David Chapela: "Deixo o balonmán porque seguir pon en perigo o meu medio de vida. Aínda non sei se será definitivo"
Mañá, se non cambian as cousas, chegará un dos días marcados no calendario do Club Cisne Balonmán reciben o mellor equipo do mundo: o FC Barcelona. O partido será ás cinco. Pero non vai estar un xogador que vén de tomar unha das decisións máis difíciles da súa vida: deixar o balonmán. En Zona mixta falaron con David Chapela.
Que comezaba falando do rival, no que vén de xogar: "Xogar contra o Barça é especial para os meus compas do Cisne. A primeira vez marca, pero logo xa as seguintes.... non é para tanto"
E deunos todos os detalles de por que abandona o deporte: "Deixo o balonmán porque non é o meu sustento. É unha afección e ó final poñería en perigo o meu traballo. Sopeseino e decidín deixalo. Cando foi o confinamento xa o pensei, e co positivo no Club Cisne tiven dificultades, porque só tiña unha empregada para todo o traballo na empresa, ao non poder estar eu. Supúñame un gasto enorme. Sumas a preocupación da clientela... ninguén o tomou a mal, pero despertou a preocupación da xente"
E unha vez tomada a decisión, preguntóuselle se era definitiva. Non pechaba todas as paortas: "Deixo o balonmán porque seguir pon en perigo o meu medio de vida. Non sei se será definitivo. Cando pase todo isto pensareino. Débolle moito ao Cisne e gustaríame devolvérllelo"