CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Sergio Álvarez: "Hugo Mallo hoxe en día non faría iso do cartel de 'Véndese', son cousas da xuventude"

30/09/2021 - 15:02 h

Grazas á mellora da situación sanitaria pasou fisicamente pola Zona mixta Sergio Álvarez e falou, por suposto do Celta, pero tamén de moitos outros temas. Unha hora enteira na que gozamos dun 'gato', que deixou caricias e rabuñou cando fixo falta: "Luis Enrique ten as ideas moi claras, dálle igual a idade que teña o xogador que decidise levar: vinte, trinta... o que sexa. O que é certo é que se levan máis xogadores dos equipos chamados grandes de sempre á selección, e o Celta non é unha excepción"

Así falaba do seu Celta e do xornalismo en xeral: "Vas a unha conferencia de prensa e vas pensando.. os xornalistas veñen buscando un titular. É a vosa función e enténdoo. Atopo semellanzas entre Berizzo e Coudet: teñen unha paixón que no fútbol suramericano se vive máis que aquí, teñen similitudes si, coas diferenzas lóxicas. Falei con Rubén, madurou moitísimo estes anos. Respectando a Dituro e Coudet, creo que volverá ser o porteiro do Celta, seguro. Lembro a época do filial de Dituro. Chegou coa madurez idónea e a confianza de Coudet. As paradas falan por el. Oxalá siga neste nivel". E como fai un experto en penaltis?: "Fixen de todo para probar de poñer nervioso ao dianteiro nos penaltis: poñerme anicado, de costas... algún pensaría... pero este que fai? Había que inventar, sobre todo de novo"

Tamén falou de malos momentos: "Con Escribá non xoguei, pero Rubén estaba a gran nivel. Penso que o fútbol español perdeu potencial en Europa, si. Pero isto vai por épocas. Teño claro que agora os clubs de aquí non van dominar o fútbol nos próximos anos"

E da familia, de todo tipo: "Teño unha gata na casa, pero levámonos ben entre 'gatos', de momento non hai problemas. Gustaríame ser un 'one club man', pero non puiden ser por aquel ano que estiven no Racing, pero é algo moi moi difícil, como se ve en casos recentes"

E sobre a paciencia cos adestradores falando dos últimos tempos no Lugo, afirmou: "Mouriño demostrou paciencia cos adestradores. A solución cando un equipo vai mal que fas? Botar a vinte e pico xogadores? Aínda que non queiras, ás veces é o único que podes facer, é a solución máis fácil e máis factible"

E tamén falou dunha rivalidade clásica, a dos derbis Dépor-Celta: "Eu respecto a opinión de cada un, non desfruto con que lle vaia mal ao Deportivo. Oxalá haxa pronto un derbi en Primeira, é un dos mellores partidos que se poden xogar. Sempre se fala no vestiario desas cousas, sobre todo se hai galegos. Hugo Mallo hoxe en día non faría iso do cartel de 'Véndese', son cousas da xuventude. O Celta ten moitos canteiráns e ese sentimento non se perdeu, de feito houbo partidos que saímos sobreexcitados por ese feito. Temos unha liña de máis canteiráns ca o Dépor nos últimos anos. O dos títulos deles é un feito, oxalá eu puidese conseguilos, chegarán Teño visto moitos 'xoguetes rotos' con rapaces novos; e seguirá habendo. Hai que tratar de minimizalos. Hai uns escollidos. Se non chegas porque non das máis ou porque os adestradores non confiaron en ti, non pasa nada, se puxeches todo da túa parte

 

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso