CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Leticia Gil volve competir: "Pasamos o confinamento catro atletas nunha casa con xardín en Madrid, parecía o Gran Irmán"

30/06/2020 - 15:38 h

Leticia Gil volve competir porque volve o atletismo. Primeira competición con público: será o Desafío Nerja este sábado, e cun feixe de competidores e entre elas unha campioa, a de Valdeorrras, Leticia Gil, que pasou pola Zona Mixta da Radio Galega:

"Moi contenta de poder volver á competición. Desde Ourense non compito. En Nerja temos confirmada a competición e haberá incluso algo de público con todas as medidas de distancia e máscaras. Estes meses foron difíciles como para todo o mundo, sobre todo pola incerteza".

Sobre o confinamento, abundou con graza en contarnos como o pasou: "Estiven confinada aquí en Madrid nunha casa con xardín. Eramos dúas parellas, tiña parecido co Gran Irmán, pero eramos todos atletas. Para saltar eu ensaiaba cunha póla dunha árbore, tocábaa porque no salón non se poden dar eses chimpos que eu necesitaba".

E sobre a preparación xa na desescalada contounos Leticia que: "No Centro de Alto Rendemento ás veces non sabías para que estabas adestrando. Agora si, xa teño o obxectivo para o Campionato de España. Tratarei de facer marca persoal. Pero xa estou máis animada".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso