Zona Mixta
Aleksa Strikovic, o gran mestre que chegou a Galicia fuxindo da guerra: "Karpov é como unha boa constritor que te vai asfixiando"
Hoxe na 'Zona mixta' falaron de xadrez co protagonista dunha historia fascinante. Naceu en Serbia cando aínda formaba parte da antiga Iugoslavia e foi o último campión de xadrez do país. Aleksa Strikovic estableceuse coa súa familia na Coruña fuxindo da guerra dos Balcáns e foi quen de vivir do xadrez como profesional. Cun palmarés impresionante, agora dá clases e estes días tivo unha oportunidade única: un cara a cara co mito Anatoly Karpov, varias veces campión do mundo, nun torneo con pezas xigantes en Vigo: "No xadrez o máis importante son os nervios. É un xogo estresante", asegura.