CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Hector Hernández: "Despois das hostias merecidas do ano pasado, agora hai moi bo ambiente"

27/10/2021 - 15:30 h

Héctor Hernández pasou pola Zona mixta e estivo distendido e claro. Pasamos un bo tempo con el e deixou moitas e boas reflexións: "Son un enfermo do fútbol. Logo de adestrarse toca sesta e ver fútbol. E eu e os compañeiros estamos enganchados a un xogo de fútbol tamén: ao futmondo. Estou moi a gusto no campo coa confianza do adestrador. Traballo cada día e se o míster conta comigo na fin de semana, pois que mellor. Resísteseme o gol, que non as asistencias, estou contento"

Preguntado por se había rivalidade rexional co Zamora, ría e era claro na resposta: "Os do Zamora para un de Valladolid? Isto non é derbi, non hai rivalidade. É como dicir Depor e Ourense, non hai tal"

E tamén do bo vestiario que hai este ano logo do non ascenso do pasado: "Do partido en Irún, aínda perdendo, saímos moi reforzados. Estaremos pelexando na última parte da liga polo que todos queremos. A promesa de facer calquera cousa polo ascenso queda en anecdótico, o importante é subir. Hai moi bo ambiente no vestiario logo das hostias do ano pasado (merecidas non digo que non) e hai unha moi boa mestura entre xente nova e veterana"

Sobre o xove Noel dicía: "Todos sabemos das condicións que ten, pero tamén da súa idade. Para que non se lle escapen os pés do chan, os veteranos estamos enriba del. Está no alto da onda, ten que saber levalo. Sempre boa sintonía e bromas no posible, os pequenos pillan máis, é así"

A situación dun dos equipos designado como favorito este ano tamén foi obxecto de pregunta: "Non sei se o Estremadura vai desaparecer. Non sei se o solucionará o das tres semanas de folga que van facer. En todo caso póñome na súa pel e deséxolle o mellor"

 

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso