CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Pepa, nai de Hugo Álvarez: "O Madrid queríao, pero con dez anos era mellor que quedase na casa"

26/10/2021 - 15:19 h

En Zona mixta falaron con Pepa Antúnez, nai de Hugo Álvarez, que onte debutaba co RC Celta e que lle dixo non ao Real Madrid cando era alevín. Así falaba do partido de onte en que a piques estivo de marcar un gol incluso: "Foi moi emocionante, non sabiamos se ía saír, pero fomos todos ata alí. É de poucas palabras, pero estaba exultante. Ao final, a pesar de estar en Xetafe con el só puidemos falar por teléfono"

Así nos falaba da súa etapa de alevín, con dez anos: "No bus que ía á Madroa levaba os libros e os apuntes para ir estudando. Cando empezou a destacar no 2º ano de alevíns, chamouno o Real Madrid. Non tiñamos axente daquela e fomos ata a capital. Soubemos de interese doutros equipos. Co Barça non falamos, pero había interés tamén. Valoramos que no Celta estaba ben, dábanlle todo o que precisaba; e tamén que crecese coa familia de xeito normal en Vigo. Todo o que nos ofrecían era moi bonito, pero para o seu desenvolvemento persoal era mellor que daquela seguise na súa círculo, co irmán, os primos... Era algo que tiñamos moi claro. Na familia non custou moito renunciar ao Real Madrid porque tiñamos claro que un neno de 10 anos é moi pequeno para saír da casa. Para nós e para el. Cando es tan novo e estás lonxe alta o apoio de pais, irmán, de todos... Aínda que o visemos cada fin de semana. El dicía xa daquela que quería quedar no Celta"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso