Zona Mixta
Yago Iglesias e Emilio Larraz, adestradores do Compos e do Rácing, analizaron os amigables de hoxe na 2ª B
Os adestradores da S. D. Compostela e do Rácing de Ferrol pasaron por Zona mixta para avaliar os partidos dos seus nesta mañá de mércores e as sensacións que obtiveron tras empatar a uns contra Fabril e Coruxo, respectivamente.
Yago Iglesias falaba das diferenzas respecto a outras pretemporadas neste ano atípico: "Terceiro partido amigable para nós, que noutra tempada serían bastante máis, pero é o que toca nun momento atípico como o actual. As sensacións son boas, pero aínda queda rodaxe".
Ao preguntarlle polos reforzos cando quedan só uns días para rematar o período de fichaxes, afirmaba: "Reforzos? Estamos en momentos dificiles, hai que entendelo e non estamos buscando con ansiedade. Se sae algo, ben...".
En canto ao adestrador dos verdes, Emilio Larraz, amosouse moi satisfeito co traballo dos seus: "Moi satisfeito porque parecía que hoxe co Coruxo nos xogabamos os puntos. Houbo esforzo e conxunción e co balón estivemos realmente ben. Ao final puido un pouco o cansazo, pero mentalmente estivemos fortes despois de 7 meses sen vivir estas situacións".
E tamén avaliaba o mercado de traspasos, que semella que pode ter máis movementos en Ferrol: "Estamos pendentes de varios movementos de aquí ao día 5. Un xogador sub-23 que agardamos que chegue pronto e algo máis...".