CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Xulián Suárez Fuentes: "Para min non é penalti. Non se poden primar 'accións grises' cando poden acabar en gol"

28/09/2020 - 15:03 h

Hoxe na Zona mixta marcharon de 'VARes'. Pero sen alcol ningún, eh!

E o mellor para estas cousas é Xulián Suárez Fuentes, o noso experto arbitral. Trasladamos a polémica de Valladolid a Vigo. Roberto Carlos Carballo xa nos advertira e Víctor López non o quería crer, pero finalmente o penalti sinalado en Pucela deu ao traste cun posible liderado do Celta na Liga e Víctor comezou forte: "O árbitro evitou que o Celta estea agora mesmo de líder, e iso que foi elixido o mellor do ano pasado".

Non tardou a resposta do noso colexiado: "Co protocolo marcado pola FIFA, o VAR onte non debeu entrar; é a criterio do árbitro. É unha acción gris".

E pasou a concretarnos o que pensaba el e o termo que utilizou: "Se o árbitro viu a acción tan claramente, o VAR non lle pode discutir o que acabou pitando. Confronteino antes de todo isto con outros compañeiros, moitos do Celta, e chegamos á mesma conclusión. Para min isto non é penalti. Non se poden primar accións grises cando poden acabar con gol".

*Imaxe de La Liga

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso