Zona Mixta
O Ourense CF, illado por un positivo. Camilo Díaz: "Non vexo viable que se comecen as competicións non profesionais"
Está no aire a preparación do Ourense CF por un positivo dun xogador. Pola Zona Mixta pasou o seu presidente, Camilo Díaz, que contou como recibiron esta nova: "O xogador está ben e asintomático. Soubemos do positivo onte a primeira hora da tarde e paramos o traballo. Tiñamos idea de xogar mañá un amigable co Polvorín, que loxicamente está suspendido xa"
Falou das circunstancias e como afectan a directiva e corpo técnico: "Nós non estamos en illamento ao non ser contacto estreito, igual que os adestradores que están con máscara nos adestramentos. O protocolo indica que son os xogadores os que están en corentena ata que se confirmen as probas PCR"
Todo isto leva ao presidente ourensán a facer unha reflexión: "Creo que empezar a liga non é viable nestas categorías non profesionais. Con estes paróns non vexo posibiildades de que se comece. A Federación está facendo un esforzo enorme, pero temos que tratar de usar o sentido común para que a situación non se nos vaia das mans"