CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Paola Ferrari ficha polo Ensino despois de xogar contra elas: "É o máis raro que vivín na miña carreira"

25/10/2021 - 15:46 h

Hoxe pasou algo especial en Zona mixta. Contaron como o Ensino Lugo volveu das Canarias cunha vitoria: 57-59, pero tamén cunha fichaxe, unha moi moi curiosa: Paola Ferrari. A xogadora enfrontouse co seu equipo, o Canarias, ás lucenses, para a continuación viaxar a Lugo hoxe mesmo como nova fichaxe do Ensino: "Xa xogara no Pío XII en Santiago hai moitos anos e aínda falo un pouquiño de galego. O máis raro que vivín na miña carreira deportiva foi isto de xogar contra o Ensino esta semana e agora ser xogadora do equipo de Lugo. Moitas compañeiras non sabían nada e alucinaron cando lles dixen ao final do partido que marchaba ao Ensino. Non lle desexo a ninguén a autopresión que sufrín no partido, pero tratei de ser profesional ao 100 %. Eu tiña asinado contrato ata o 24 co Tenerife e tiña que cumprilo. Ninguén no club me dixo nada sobre como actuar ou se prefería non xogar contra o que ía ser o meu novo equipo. Iso si, cando vin no calendario que iamos xogar co Ensino case me dá un infarto".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso