CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O Celta de baloncesto retoma os adestramentos en todas as categorías: "Queremos que as nenas sigan enganchadas a este deporte"

24/08/2020 - 15:44 h

Falamos con Nacho Silva, segundo adestrador do Celta de baloncesto feminino, da decisión do club de retomar os adestramentos tamén nas categorías inferiores.

Ao igual que as xogadoras do primeiro equipo, as nenas teñen que seguir medidas de seguridade estrictas ante a covid-19: cada unha ten que usar só un balón, teñen que chegar cambiadas da casa, non poden ter contacto físico e nin sequera poden dar pases. Pero no club comprobaron que as familias están "encantadas" con que as cativas volvan facer exercicio.

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso