CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Judith (Ourense) e Luci (Burela): "A final a 3 é a opción máis xusta, temos que darlle o mesmo valor ao título"

24/06/2020 - 15:39 h

Na previa da fase final da liga feminina de fútbol sala, reunimos en directo unha xogadora do Burela e outra do Ourense, as dúas con pasado no outro club.

Luci Gómez e Judith Pedreira din que están satisfeitas cos seus cambios de equipo e ven moi igualada a fase final, que será cousa de tres pola renuncia do Futsi. O Ourense promete "non reservar nada" para superar ao Alcorcón na semi e o Burela recoñece que "asusta un pouco" saber que elas xogan toda a temporada nun único partido.

A Radio Galega estará tamén en Málaga par contarnos todo o que aconteza na loita pola liga.

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso