Zona Mixta
Diego Quintela: "Estaba desexando volver á terra. Creo que podo achegar moito para que o Burela non sufra coma este ano"
Diego Quintela, o de Arzúa, regresa a Galicia e pasou pola Zona mixta para falarnos da fichaxe polo Burela: "Xa tiña ganas de volver á terra. O Burela sempre foi un club que se interesou moito por min. Quedábame un ano de contrato no Palma, pero chegaron a un acordo con eles. Fixéronme ver que vou ser importante".
Desexa non sufrir coma este ano: "Espero que non pasemos os problemas que tivemos a última tempada, para iso tamén estou aquí. O que falei con Juanma Marrube decidiume moito tamén. Espero poder cumprir o que me pida. É unha obriga manter a categoría. Non vexo un descenso. Espero seguir aquí máis anos. No Barça é sinxelo xogar, aquí teño que demostrar".
E sobre o equipo mariñán afirmou: "A afección apoia moitísimo en Burela e creo que imos necesitar ese apoio como sempre. Veño dunha tempada difícil no físico por unha lesión no nocello, pero no confinamento traballei ben. Estou ben, espero amosar a miña mellor versión en Burela".