CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Xoán Ledo, premiado polas dúas mellores paradas da tempada: "Por iso escollín ser porteiro, porque está valorado"

22/06/2020 - 15:36 h

Na ASOBAL as mellores paradas da tempada levan nome galego, o de Xoán Ledo, porteiro do Bidasoa, por sacala de dentro contra Cuenca e por aquela fantástica dobre parada contra Logroño.

Así amosaba a súa opinión sobre cal das dúas foi mellor: "Gustoume máis a que quedou de segunda clasificada, ten máis mérito. A primeira tireime e tiven sorte de que o balón me dese no corpo. Os porteiros en balonmán temos maior protagonismo. No fútbol igual tes unha mala intervención na única que te chegan e é un mal día".

Sobre como levan a cabo os adestramentos os porteiros de balonmán, dixo: "Creo que si dan un trofeo, espero que si. O adestramento con distintos estímulos con pelotas máis pequenas como golf ou tenis. É moi típico no Barça. Nós en Bidasoa non o facemos, pero si temos outros específicos para mellorar".

E non podía faltar a pregunta sobre a selección española. O galego foi moi diplomático na súa valoración, pero sen faltar á ambición.

"O rendemento dos dous porteiros da Selección é incrible. Eu poñerei todo da miña parte para poñerllo difícil ao seleccionador e poder estar no combinado nacional".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso