Zona Mixta
Ángel Suárez, tricampión de España de descenso: "Ás veces teño medo, claro, baixas a 75 km/h"
Ángel Suárez, tamén como Gabri Veiga, cambiou de deporte, pero quedou sempre coa bici, neste caso na modalidade de descenso. Pasou polo Zona mixta o tricampión de descenso para falarnos deste e doutros interesantes temas dun deporte pouco coñecido.
Cambiou de motocross a bicicleta, e esta foi a razón: "O da moto era moi caro para a familia, e cambiei á bici, e xa me enganchei. Levo tres títulos xa en pouco tempo. Parécese moito á moto na velocidade. Sempre me queda o de que podería ter feito, pero na bici estou encantado e as sensacións son incribles aquí".
Unha vez que nos contou que non está arrepentido, aclarou que iso non quita que a valentía é necesaria neste deporte: "Ás veces teño medo, claro, pero depende da forma de ser da persoa. Se es valente non o pensas. E o adestramento fai moito, claro".
O soprendente é que no noso país non é práctica habitual: "En España o nivel non é alto respecto ao resto do mundo, pero a diferencia desta proba que conseguín, de 5 segundos é moi grande. Aquí son o único galego profesional e no país hai dous. Baixar a 75 km/h e con fochancas non é doado. O tema das bicis tampouco é barato, e coas viaxes necesitas axuda económica. O meu pai foi moi importante neste sentido. Agora estou en Australia, zona bastante libre de covid-19 de cara ao mundial".