CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Darío Méndez, adestrador de Gabri Veiga: "Destacaba xa no baloncesto, pero seu pai pediunos que o deixásemos en paz"

22/09/2020 - 15:06 h

Hoxe no Zona mixta viaxaron ata o pasado, o do canteirán Gabri Veiga, que debutou en Primeira co Celta e que comezou no baloncesto.

E para iso conversaron con Darío Méndez, adestrador de baloncesto de Gabri Veiga de novo, que nos falaba do seu carácter: "Xa daquela tiña un carácter moi bo competindo e moi boa cabeciña. Ía en 3º de primaria, tiña oito anos, pero xa destacaba. Nesas idades divírtense, pero xa se lle ven cousas. Chamaba a atención, pero xa xogaba ao fútbol".

E como foi o pai o que acabou decantando o futuro deportivo do seu fillo: "O pai, que era moi educado, díxonos -con moi boas palabras- que o deixásemos en paz e que se dedicase ao fútbol. Estivemos 2-3 anos insistindo para que se dedicase ao baloncesto".

Unha mágoa para o adestrador, pero se foi por unha causa maior, deuno por ben empregado: "Entre 20.000 persoas en Porriño, destacaba. Era un merlo branco que marchou, pero estamos moi contentos agora de velo onde chegou. Cando atopas un rapaz guapo, alto, listo... pois non queres deixalo marchar. Pero mira, acabou no Celta. Estou moi tranquilo por el e pola familia de Gabri, e convencido de que levará moi ben os estudos, que nesta semana frenéticia el está moi tranquilo. Ten a cabeza ben amoblada".

 

 

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso