Zona Mixta
O Marisquiño abandona Vigo e podería celebrarse fóra de Galicia
A organización do festival de deportes urbanos cancela a edición de 2021 e anuncia que "non se volverá celebrar en Vigo".
A empresa culpa as administracións de falta de apoio económico.
O Concello de Vigo explica que en tempos de pandemia non pode conceder a mesma subvención e a Xunta promete cartos, pero di que a estas alturas aínda non pode confirmar a cantidade.