Zona Mixta
O CRAT, en corentena e adestrando en vídeo: "As miñas xogadoras son unhas valentes; son estudantes, traballadoras e implícanse polo seu amor ao rugby"
O CRAT da Coruña conta os días para saír da corentena, polo positivo dunha das xogadoras, e poder xogar de novo un partido da División de Honra feminina de rugby. Confían en que sexa por fin a próxima semana porque ata agora só puideron disputar un encontro de liga e a día de hoxe hai 28 xogadoras illadas.
Mentres, o equipo participa con firmeza nas sesións de vídeo que organiza o club. A súa adestradora, Elena Roca, cre que é unha proba do compromiso das xogadoras por un deporte, que insiste, non é profesional.