Zona Mixta
Histórico, dous galegos aspiran ao podio do mundial de trial: "Está complicado, pero estamos os dous fortes"
Na Zona mixta da Radio Galega falaron co rosaleiro Gabriel Marcelli, un dos dous pilotos galegos, xunto co vigués Jorge Casales, que chegan con opcións de rematar no podio na máxima categoría do Campionato do Mundo de trial.
Marcelli, quinto arestora, recoñece que ser terceiro está difícil pero cre que tanto el coma Casales (4º) poden brillar no último gran premio que vai pechar a temporada.