Zona Mixta
Juan Carlos Díaz, médico do Bergantiños: "Nós comunicamos o primeiro positivo, pero ninguén nos mandou parar"
O médico do Bergantiños defende que o equipo fose xogar ás Pontes despois de detectar un caso de covid-19 nun xogador.
Juan Carlos Díaz asegura que o club lles comunicou á RFEF, ao alcalde de Carballo e ao Sergas que un futbolista dera positivo a semana pasada pero di que daquela ninguén lles ordeou parar, "seguimos o que nos mandan facer".
O C. D. As Pontes acusa ao Bergan de "neglixencia" porque dous xogadores que viaxaron co equipo de Carballo (un estivo na bancada) deron tamén positivo uns días despois. O doutor négao: "Non fallou nada, cumprimos os protocolo que nos din".
O Bergantiños engade que foi esta semana cando soubo que tamén tiña que informar dos positivos á Federación Galega de Fútbol, non antes, e di que foi esta entidade a que agora si lle ordeou suspender adestramentos e partidos.