Zona Mixta
A dobre vida do coruñés José Barcala: dous países, homes e mulleres, un club e unha selección
O adestrador galego José Barcala pasou pola 'Zona mixta' para falarnos da súa nova aventura... ben, dúas. Despois de traballar no Deportivo, marchar a Australia e pasar polo Girondins de Bordeos, o técnico coruñés acaba de asinar para dous proxectos completamente distintos no fútbol europeo: é segundo adestrador do Aarau, da segunda división masculina de Suíza, e, ao tempo, estreouse como asistente na selección feminina de Escocia, rival de España na clasificación para o Mundial.
"Teste que adaptar a cousas totalmente diferentes"