Zona Mixta
Fran Canal, o galego director xeral do Osasuna: "Temos que conseguir que calquera equipo da Liga lle gañe un partido aos grandes"
Tres días antes do Osasuna-Celta, pasou en directo pola Zona mixta o galego que comanda o club navarro.
Fran Canal, director xeral do conxunto pamplonica, defende o acordo co fondo de investimento CVC porque di que axudará a clubs como Osasuna ou Celta a "medrar" en instalacións e repercusión televisiva: "Cos cartos de CVC temos que crecer e logo o que gañemos gastalo en xogadores, non temos agora un cheque en branco", explica. Do Celta, cre que ten "un equipazo": "Adiante, ten nomes moi potentes para o que é a clase media-alta do fútbol español. Debería loitar por rematar entre os sete primeiros".