CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Luis Carlos Sánchez: "Florentino quere pasar á historia como un Santiago Bernabéu, pero equivoca os compañeiros de viaxe"

20/04/2021 - 15:18 h

Analizamos na 'Zona mixta' cun experto en economía deportiva, Luis Carlos Sánchez, de 'Euros y balones' a polémica nova Superliga: "Non é certo o que di Florentino de que hai un grupo numeroso de equipos arruinados. Nunca o Barça conseguiu os ingresos que tivo agora e nos últimos anos, superando incluso o Real Madrid".

Así apuntaba as claves destes movementos: "A solución non son maiores ingresos, porque non hai relación entre maiores ingresos e perdas, non hai máis que ver as contas do Barcelona. Si que é certo que a crise da Covid-19 inflúe máis nos grandes equipos. A ameaza de fuxida sempre se utilizou polos equipos grandes para lograr máis cartos, pero nunca chegaron tan lonxe como agora. Pero se se produce a Superliga, as diferenzas entre equipos van ser maiores. O fair play financeiro ten que ser igual para todos. Os grandes utilizaron a escusa da covid-19 para afondar nas súas peticións e aínda sacar máis cartos"

E sinalaba a chave do asunto, tamén en clave económica: "A Superliga explícase polos grandes investidores internacionais, sobre todo americanos e árabes, que replican o modelo americano (NBA, NFL, Hockei) e que non teñen interese ningún no fútbol en si. Os equipos alemáns teñen unha ligazón emocional co club, iso explica en parte por que non están nesta Superliga. A Champions necesita unha reforma, é certo, pero a compañía de investidores árabes e americanos non é boa e deslexitima esta competición. Florentino Pérez quere pasar á historia como un novo Santiago Bernabéu, pero equivoca os compañeiros de viaxe"

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso