Zona Mixta
Velasco: "Carlos é do estilo Celta e ten calidade e anos para sacarlle rendemento"
Falamos co ex do Celta e Sevilla Juan Velasco da oferta do club vigués polo dianteiro andaluz Carlos Fernández, polo que os celestes estarían dispostos a pagar 13 millóns de euros.
Velasco, que agora se adestra nos xuvenís sevillistas, cre que é un xogador con moita proxección e pensa que "no Sevilla vaino ter difícil" para ter continuidade.