CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Ramón Dacosta: "Co modelo da U. D. Ourense é posible chegar á Segunda e en mellores condicións ca as do Ourense C. F."

19/06/2020 - 15:32 h

Ramón Dacosta, presidente da UD Ourense pasou por Zona mixta para falar da polémica da fusión ou absorción co Ourense CF que propón Gonzalo Pérez Jácome. Comezaba dicindo sobre esa proposta que "o alcalde falou con nós.Estabamos de acordo en escoitar todo o que tiña que dicir e ser receptivos, outra cousa é que tiñamos unha opinión diferente: non imos fallar á xente. Nós escoitamos a Gonzalo P. Jácome, pero os que van falar son os socios o xoves que vén logo de que escoiten as propostas que nos fixo o alcalde. Eu teño unha opinión particular e non a vou expresar aquí, senón o día 25 diante da xente da U. D. Ourense".

Sobre as palabras de Jácome acerca do que pode suceder se non aceptan o plan, foi claro: "Xa coñecemos ao noso alcalde e o seu xeito de expresarse. Non nos sentimos ameazados para nada. Nós presentamos os requisitos para as axudas necesarias. O que separa os dous clubs agora é que son dous modelos totalmente diferente. Nós de masa social, ourensán, popular, dos socios"

Falou das diferenzas entre os dous clubs: "Somos mellores que o Ourense C. F.? Por suposto que non, só diferentes. O alcalde fixo unha serie de movementos avanzados con acordos con Camilo. Cre que vai ser bo para a cidade. Nós votaremos. Se sae que non ao da unión non imos molestar e seguiremos adiante coma sempre. Nós imos seguir co noso traballo. O noso slogan é chegar, pero antes engordando a base. Conseguir chegar en seis anos á Terceira cun ascenso cada ano e ser recoñecidos como somos é brutal. Seguiremos loitando como ata o de agora"

E sobre un futuro como o de agora, sen fusións e en solitario e a súa viabilidade deportiva e económica foi moi claro: "Por suposto que é posible chegar á 2ªB e en mellores condicións ca as do Ourense C. F. e sen esa débeda de máis de 600.000 euros. O noso modelo permite facelo".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso