Zona Mixta
Moncho Carnero e Paco Liaño valoran o anuncio da nova Superliga: "Cada vez se está afastando máis a xente dos estadios"
Hoxe pasaron pola 'Zona mixta' dúas voces distintas e ben coñecidas do fútbol en Galicia para falar da Superliga Europea. Moncho Carnero e Paco Liaño valoraron o anuncio da nova e polémica competición. Será unha competición con 20 equipos, dos que 15 son socios fundadores e o resto trocarían segundo criterios clasificatorios. Recibiu moitas críticas e incluso ameazas como a da UEFA, que anunciou que os que xoguen esa competición, non volverán facelo coas súas seleccións.
Liaño: "Cada vez se está afastando máis a xente dos estadios. Para os dirixentes isto pasou a un segundo ou terceiro plano, prima o económico"
Moncho Carnero: "Non sei se esta Superliga vai saír adiante, teño as miñas dúbidas"
Paco Liaño: "Se Florentino se empeña, eu creo que ao final si que se vai xogar esta competición, lévase moito tempo falando disto xa e el ten moito poder"