CRTVG

Buscar

Zona Mixta

D. Ríos: "Foi un salto moi grande saír de Galicia. Xa se verá agora se me chaman doutro sitio, con que me chame miña nai..."

19/02/2021 - 15:33 h

En Ferrol, este domingo O Parrulo (últimos) recibe o Levante (de novo, líderes da liga). Seguro que vai ser unha sensación diferente para o home que conecta os dous equipos: o exadestrador do Parrulo Diego Ríos, que pasou por 'Zona mixta' para contalo: "Non lle podo botar unha man ao @oparrulofs aínda que desexo que manteña a categoría. Teño un recordo moi especial deles. É unha mágoa que estean nesta situación. Despois do domingo que gañen todos os partidos"

Sobre a súa fantástica temporada no equipo levantino dixo: "Non esperaba o ano que estamos facendo co Levante, a verdade. Estando no Levante nótase que é un club grande. Traballa moitísimo a nivel social e os valores, no fútbol sala, no fútbol 11... Hai unha estrutura moi boa: servizos médicos, fisio, psicoloxía. Dános moita vantaxe respecto a outros equipos. A presión, o de gañar todos os partidos é unha diferenza cun equipo familiar como O Parrulo. En Ferrol tiñas partidos en que xogabas a salvación tamén, pero a responsabilidade é diferente. Boto de menos estar en Ferrol,  en Lugo, eses clubs familiares, o ascenso... Foi un salto moi grande para min saír da casa, de Galicia. Xa se verá agora se me chaman doutro sitio, con que me chame miña nai, a miña familia... xa me vale"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso