CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Elduayen: "Angeliño ía destacar: íase de quen quería e ao chegar ao porteiro non tiraba, levantaba a cabeza"

18/08/2020 - 15:43 h

Falamos co primeiro adestrador do galego Ángel Tasende, que de Coristanco chegou nada menos ca a unha semifinal da Liga de Campións. O exporteiro Agustín Elduayen lembra que Angeliño, nas Escolas Luis Calvo, era un ano menor ca os compañeiros, pero podía xogar con calquera, e asegura que con sete anos xa despuntaba: "Levaba cinco ou seis goles nun partido e eu dicíalle 'Ángel, pasa algunha, home'; el contestaba: 'É que o meu avó dáme un euro por cada gol', ao que eu replicaba: 'Pois eu douche dous por cada pase'.

Na foto, cedida polas Escolas Luis Calvo, Tasende é o máis pequeno, o penúltimo na fila superior.

 

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso