CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Manuel Otero: "Nolito botou moito de menos Vigo. É moi familiar, caseiro... Gústalle pescar, pero no prato, no barco maréase"

18/06/2020 - 15:09 h

Hoxe pasou por Zona mixta Manuel Otero, compadre de Nolito e membro da Peña Celtista de Bueu, que nos contou a ledicia de saber da volta a Vigo do xogador

Sobre se lle sorprendeu este regreso, dixo que non: "El non é que non estivese a gusto en Sevilla, pero a morriña galega xa a tiña. Non é só que lle guste o marisco de aquí. Sempre dixo que quería rematar a carreira en Vigo e creo que o vai cumprir. A el aféctalle moito estar fóra da casa, é moi caseiro, iso inflúe".

Contounos tamén como a vida uniu a estes dous homes a través do mar, pero con diferenzas: "Eu son mariñeiro, como a familia del, e creo que a nosa relación se fixo máis forte por aí. Coñezo toda a familia. As nenas creceron moito xa e xa as vexo polos grupos de WhatsApp. A Nolito gústalle a pesca, pero no prato, no barco maréase", concluíu cun sorriso.

 

 

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso