CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Rayco, sobre as palabras de Fornos: "A 2ª B é unha das ligas máis difíciles de España, o nivel é incrible"

18/02/2021 - 15:23 h

Ás portas do derbi galego entre Rácing e Dépor, pola 'Zona mixta' pasou unha das revelacións do equipo branquiazul nos últimos partidos, o canario Rayco.

Sobre a súa adaptación a Galicia dixo que non a levou nada mal: "En galego só sei dicir 'fai frío', seino grazas á moza que teño, que é galega. Si que boto de menos As Palmas, pero aquí, fóra das temperaturas, vívese e cómese moi ben"

A 2ª B e o grupo que tocou son moi complicados, pero Rayco é optimista: "Imos loitar ata o final para entrar na loita dos de arriba. Eu vin ao Fabril cunha idade arriscada, pero saíu ben. Os que vimos desde abaixo temos a obriga de amosar as nosas ganas e enerxía. En ataque xoguei en todas as posicións e adáptome ao que me diga o míster. Unha charla del férveme o sangue e faime deixar a pel en cada balón. Transmite iso; é moi importante"

E sobre o que dixo Quique Fornos de que había xogadores no Deportivo que non coñecían a categoría afirmou: "Eu persoalmente xa xoguei en 2ª B, para os que non xogaron aínda si que é complicado. A 2ª B é unha das ligas máis difíciles de España, o nivel é incrible. Hai que tratar de afacerse o antes posible á competición"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso