Zona Mixta
Larraz: "En ningún momento houbo ultimato"
Falamos co adestrador do Racing de Ferrol da tensión que liberou tras a vitoria do seu equipo (0-1) sobre o Pontevedra no derbi da 2ªB en Pasarón. Emilio Larraz asegura que "foi unha semana difícil" pero di que, a nivel interno, nunca se falou dunha posible destitución.
"A tensión estaba no compromiso persoal", afirma. Para Larraz, esta temporada, pola pandemia e polo formato exprés, "hai equipos que van perder 2 ou 3 anos dun proxecto". "Eu vin a axudar o Racing a pasar da Terceira ao fútbol profesional -explica- e estes días pásache pola cabeza que o equipo pode rematar outra vez en Terceira".