Zona Mixta
Támara Echegoyen: "Non sei que vou facer, a vela oceánica segue chamándome"
A tres veces olímpica Támara Echogoyen pasou pola Zona mixta para avaliar o seu cuarto posto na clase 49er da vela en Toquio. A regatista galega conta que non conseguir medalla foi un disgusto pero que pasados os días ves que "o resultado foi marabilloso". Sobre o futuro, ten dúbidas: explica que aínda non decidiu se vai continuar nas campañas de clases olímpicas ou se volverá probar as grandes regatas, como a Volta ao Mundo que xa completou: "Son unha aventureira", sentencia.