CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Kostas Vasileiadis: "É a miña última etapa en Santiago como xogador. Espero poder volver no futuro noutra faceta a Obradoiro"

17/07/2020 - 15:55 h

Kostas Vasileiaidis pasou pola Zona Mixta para falar da súa marcha de Obradoiro na que é a súa última como xogador.

Así o explicaba: "É a miña última etapa en Santiago como xogador. Espero poder volver no futuro noutro posto ao Obradoiro. Penso xogar uns anos máis ao baloncesto, e logo por que non, volver á miña casa na zona de adestradores. Este pasado foi o meu peor ano en Obra. Arrastrei unha serie de lesións e cando me atopaba mellor, chegou o coronavirus. Cousas que pasan, xa non penso niso senón no futuro a ver onde podo xogar, por que non en España outra vez? Quero seguir gozando do baloncesto, espero moi pronto ter noticias para todos"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso