CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Borja Fernández: "Eu xoguei todo oito veces no último partido, mellor non relaxarse"

17/06/2020 - 15:07 h

Falamos con Borja Fernéndez, excapitán do Valladolid. O ourensán está na Ribeira Sacra e falou no Zona mixta do que pensa do partido desta tarde entre Valladolid e R. C. Celta: "Non son un tolo de ver todo o fútbol como un obseso, pero esta semana si que puiden. Para un 'xubilado' coma min, é o que hai. No regreso vin ao Celta algo inferior ao Vila-Real, pero é normal polos nervios da posición na táboa e a mini pretempada".

Sobre os de Pucela afirmou: "Canto ao Valladolid, o que leva sendo con Sergio como adestrador, aproveitou a ocasión contra un rival moi directo, e estamos moi contentos. Co que coñezo a Sergio, creo que hoxe o Valladolid vai ser o de sempre. Espero un Pucela co partido controlado, sen idas e voltas".

Concretando no partido, dixo: "O Valladolid non vai arriscar, téñoo claro. O Celta pode ter máis ansiedade. Eu como xogador xogueime todo oito veces no último partido. Como leves 7-8 puntos de vantaxe, reláxaste e veste abaixo. Ollo con xogar con iso. Igual en dúas semanas estás 2-3 puntos por abaixo".

Como o ourensán militou no R. C. Deportivo, preguntámoslle sobre a tempada dos brancos e azuis: "O primeiro día non vai saír todo ben, non vin mal ao Dépor contra o Xixón, quedan partidos para amañalo neste ano tan estraño. Pasou de estar morto en 2ªB a que algunha xente pensase case en playoff".

En referencia á operación Oikos espera que se peche "pronto e poida incorporarme ao Valladolid. Pero degraciadamente tes que demostrar que es inocente, en vez de que outros teñan que demostrar que es culpable. Estou pendente do peche da operación Oikos para poder reincorporarme ao Valladolid. Quedou clarísimo no último comunicado que eu non estaba en ningún dos papeis da operación. Espero que se arquive xa definitivamente o meu caso para ir a Pucela por fin".

Sobre o seu futuro na cidade do Pisuerga, afirmou: "En principio o plan de Ronaldo segue igual para incorporarme ao club valisoletano. Unha vez que quede claro o meu tema de vez, espero estar alí xa incorporado no Pucela".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso