CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Bruno García: "No Xapón hai tres tendencias: que se celebren os Xogos, que prevaleza a saúde, ou que pasen ao 2024"

17/02/2021 - 15:34 h

No 'Zona mixta' viaxaron ata O Xapón para falaren cun galego, Bruno Garcia, adestrador do equipo nipón de fútbol sala que nos achegou a situación no país con vistas aos Xogos Olímpicos.

Así falou das tres tendencias actuais sobre a súa celebración: "Hai tres liñas de opinión aquí: os que queren priorizar a saúde aos XX. OO.; os que cren que é imprescindible polos investimentos feitos en terreos, que son moi caros aquí; e unha terceira de mover os Xogos ao 2024 que quere Mikitani, o dono de Rakuten que patrocina o Barça"

Sobre a situación sanitaria falou de que é moi diferente á europea: "Estamos en estado de emerxencia ata o 7 de marzo e hai 500 casos, pero non por 100.000 habitantes, non, 500 casos en total. Coas empresas tamén hai diferenzas, con moitas subvencións e poden axeitar o seu horario laboral tamén. O acceso ao país é moi restrinxido. Hai un ano que non hai visados para estranxeiros. Os que mandan presionan moito para que se celebren os XX. OO. O tema inmobiliario non se mide por metros cadrados, senón por centímetros cadrados. Todos os terreos para a sede olímpica, hoteis, negocios estaban vendidos ao día seguinte de saberse dos Xogos. Non é que estivese todo preparado para o pasado ano, xa no 2019 os xaponeses tiñan todo pechado e fixeron probas, seis meses antes da data marcada para empezar"

E sobre o seu deporte, dixo que agora non é olímpico, pero traballan para que o sexa na vindeira cita ou no futuro inmediato, en todo caso. "Trataremos de que o fútbol sala sexa olímpico en 2024, oxalá"

E despediuse Bruno Garcia dicíndonos que o 11 de marzo vai ser unha data decisiva para a decisión final sobre os Xogos Olímpicos.

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso