Zona Mixta
Juan Carlos Muñiz confirma que volverá haber Volta a Galicia: "Despois desta fin de semana, vaise pechar"
Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, pasou pola Zona mixta no inicio da Volta a Galicia amateur, que arranca este xoves en Ponteareas. Dende alí confirmou que “ao 98%” en febreiro volverá haber unha carreira para profesionais, a que impulsa o excorredor Ezequiel Mosquera: “A directiva da UCI reúnese estes días, aproveitando os campionatos do mundo, e vai aprobar os calendarios. Xa hai unha proposta oficial, avalada polas federacións galega e española e polas institucións públicas. E xa está pechada a retransmisión a través de Eurosport. Os calendarios internacionais vanse facer públicos o día 24 e creo que a partir de aí imos poder falar de que volveremos ver nas nosas estradas unha Volta a Galicia para profesionais”
Amosábase así de ilusionado pola nova: "Vemos con grande ilusión o proxecto da Volta Ciclista a Galicia a nivel profesional. Xa se ve como se entrega a afección cando se achega a Volta Ciclista a España. É algo incomparable para promocionar a nosa riqueza paisaxística e cultural. Ao 98% vai haber Volta a Galicia e a aprobación oficial pode chegar estes días"