CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Diego Romero, padexeiro e militar que estivo desinfectando residencias: "Preparámonos para unha emerxencia biolóxica, foi algo semellante"

16/06/2020 - 15:41 h

Diego Romero, padexeiro e tamén zapador, pasou por Zona mixta para contarnos como exerceu o seu labor desinfectando residencias e como será a volta a adestrarse con Tono Campos.

Tivo medo no seu traballo como militar? Díxonos que todo o contrario: "Estiven traballando en residencias de maiores en labores de desinfección. Empezamos algo 'verdes', pero ao final collemos maña para facelo. Como militares temos que estar preparados para case todo".

Afixéronse n moi rápido ao seu labor: "Tiñamos asimilado todo o que podía pasar. Estabamos traballando cun equipo de protección e cun protocolo. Así non tes medo. Eramos os máis seguros, ou así nos sentiamos".

E sobre a volta aos adestramentos díxonos Diego Romero que se cambia no seu propio coche antes e despois de adestrar e que "por fin podemos adestrar xuntos. A ver se para a semana, ou a seguinte, podemos ir adestrar co compañeiro e recuperar sensacións. Xa temos ganas Tono Campos máis eu. En outubro hai unha pequena posibilidade  de competir nun maratón".

As comparacións son odiosas, pero foi claro o padexeiro coas diferenzas entre deportes: "Manter distancia e hixiene é o máis importante. Si é certo que entre o fútbol e os demais deportes hai diferenzas. Eles fan tests antes, as nosas federacións non poden facelo. Sempre haberá clases e diferenzas".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso