CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Zulema: "Cando vin o anuncio de que arbitraba a final de Copa mirei o correo tres veces, non o cría"

16/02/2021 - 15:39 h

A fin de semana deixounos o éxito de Zulema González arbitrando a final da Copa da Raíña... e só foi o primeiro de varios exames que tivo e terá estes días... Pasou por 'Zona mixta' para contalo: "Os cartóns que usei en Málaga na final gárdoos como trofeo e van asinados polas miñas compañeiras, que para min é un dobre premio. Cando vin o anuncio de que arbitraba mirei o correo tres veces, non o cría, non fose que era un erro"

Tamén nos falou dunha figura moi importante para ela, a súa avoa: "A miña avoa non quería que fose árbitra e que me mollase... dábame cartos para que non fose aos partidos. O nó no estómago e as ganas de facelo ben sempre están aí ata que comeza e pitas a primeira falta ou fóra de xogo e perdes os nervios"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso