CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Dany, xogadora do Burela: "Primeiro convocoume Brasil, pero o destino, a covid, quixo que acabase con España"

18/10/2021 - 15:46 h

E no fútbol sala, a selección feminina viaxou hoxe a Suecia para xogar o torneo de clasificación para o vindeiro Campionato de Europa. No equipo hai, coma sempre, moita presenza galega. Falaron en Zona mixta con Dany Domingos, que finalmente acabou decidindo xogar coa selección española no canto da brasileña. Así o contaba: "Collédesnos no aeroporto en Suecia. Xa xoguei amigables con España. Pero estou nerviosa igual por debutar con esta camiseta. Nunca cheguei xogar con Brasil. Estaba seleccionada precisamente contra España e veu a covid e o peche internacional. Tiña que decidirme. O destino, a covid, decidiu que finalmente xogue coa Selección Española e non con Brasil. Nunca cheguei a xogar coas cariocas, aínda que estiven en prelista. Todo isto chegoume con 37 anos, bastante tarde".

Así explicaba como o tomou sendo unha veterana e o porqué da decisión final: "O peche internacional das fronteiras europeas tivo moito que ver para quedar aquí e decidirme por España. Con 37 anos chegoume isto, non o esperaba. A colleita chegou cando menos o esperas. Estaba moi contenta cando me convocaron con Brasil, pero ese chamado foi na xira por Europa, por que non o ano anterior? Reflexioneino. Pero non dis nada, cando te chaman, estás contenta. Cando me chama España nin o pensei. Deille moitas voltas a todo o que pasou, son moi crente e estaba claro que Deus quixo isto para min".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso