Zona Mixta
Rafael Louzán: "A día de hoxe non desbotamos que poida haber 1.000 persoas na final do play-off en Balaídos"
Hoxe a Federación Galega de Fútbol presentou os play-off de ascenso ao fútbol profesional, á 2ª B. E Andrés Vieties estivo co seu presidente, Rafael Louzán, que nos confirmou que habería convocatorias de 20 xogadores e ata 5 trocos en cada partido, con pausas de hidratación e sen tempos engadidos.
Comezou Louzán debullando as cincurstancias nas que se xogará: "É unha situación curiosa e excepcional que os equipos modestos xoguen nun estadio como o de Balaídos. E son catro entidades históricas no fútbol galego. Espero que sexa un espectáculo. Hai moito en xogo: unha praza para a categoría de bronce, e posibilidades de outra".
Sobre as posibilidades de que haxa público en Balaídos, non as desbotou totalmente: "Agardo que os afeccionados tamén gozen. Non vai ser no campo, pero a través da Televisión de Galicia e da Radio Galega poderán seguir todo o que pase aquí no céspede de Balaídos. Podemos confirmar que haberá 5 trocos e 9 suplentes, polo tanto 20 nas convocatorias. Tamén haberá a xa coñecida pausa de hidratación, todo como no fútbol profesional. Os partidos empezarán todos ás 19.30. Estamos en contacto coa Consellería do Deporte e con Sanidade. Nas semifinais non haberá público, pero queda unha porta aberta na final. A día de hoxe non, pero as cousas evolucionan e veremos que sucede ao final. Podería igual haber 1.000 persoas se se permite e todos nos organizamos para que sexa posible e seguro".