Zona Mixta
Mouriz: “A porta está aberta para seguir coa TVG na 1ª RFEF, pero falta a letra pequena”
Acabado de saír da reunión da RFEF, o director deportivo do Racing, Carlos Mouriz pasou por 'Zona mixta' para falar de como queda finalmente a categoría: "Entendo que o formato da 1ªRFEF xa vai quedar así: van ser dous grupos de 20. O primeiro clasificado ascende directamente e o 2º ao 5º xogan promoción. Haberá 5 descensos. Creo que antes se debeu consensuar a creación desta competición, sobre todo de onde saen os cartos. Seguro que a nova 1ª RFEF vai beneficiar moitos clubs, pero tamén lles vai xerar problemas a outros. Desde o principio da reunión, o presidente da RFEF dixo que non habería cambios nos descensos e ascensos. Hai un ano de carencia antes de aplicar o das 23 licenzas (+ unha posible de porteiro), 8 licenzas de sub-23, o do céspede... e o mínimo de público de 4.000 espectadores"
Sobre as sensacións coas que saíu e os dereitos televisivos para o futuro, contou: "Haberá que ver... hai que esperar... a sensación que sacamos desta reunión. Nunca esquecería que nos clubs onde estiven debemos moito á TVG aínda que roñemos co dos cartos. Gustaríame que seguise ao noso carón. Pero os clubs non teñen obriga de cesión de dereitos. A porta coa TV de Galicia está aberta sempre, pero falta a letra pequena".
E centrándose no Racing, dixo: "As posibilidades do Racing para estar nesta 1ªRFEF está nas nosas mans nestes 4 partidos. Cometemos erros, padecemos o da covid-19 no club e a parada, pero pasado iso, poñemos moito en xogo. Está difícil porque estamos con Deportivo e Numancia no mesmo grupo, e están noutra dimensión"