Zona Mixta
José Lorenzo, campión do mundo de motonáutica: "Eu levo o acelerador pisado todo o tempo, meu fillo sabe calmarme"
Esta fin de semana celébrase en Baiona unha proba de motonáutica que ten triplo valor nesta disciplina. Vai ser o campionato de España deste deporte, a segunda das dúas citas das que consta esta tempada o campionato de Europa, e unha das tres probas que puntúan para o campionato do mundo. Isto último é o máis relevante porque nunca se celebrara unha carreira do mundial de motonáutica en Galicia.
E alí, competindo na casa, vai estar a familia máis motonáutica que temos en Galicia José Lorenzo e o seu fillo Yeray, campións do mundo hai tres anos, subcampións en 2019 e tamén con título europeo nas vitrinas. O pai, falounos de como vai ser e achegou anécdotas que fixeron sacar un sorriso máis dunha vez durante a entrevista:
"Fabricamos incluso para os nosos competidores, pero o barco faise exactamente igual... ao mellor a nosa embarcación corre un pouco máis... iso é como o secreto da receita dun prato que dominas".
"O noso é un deporte de certo risco, imos ata a 150 quilómetros/hora... algún amigo que vai na lancha agárrase a ela como se fose del".
Vou co fillo no barco. O atrevido son eu e Yeray pide calma. El ten licencia de piloto, pero non se pon ao volante, vai de navegante".