Zona Mixta
Joel: "No das lesións avanzouse moito. Teño para cinco meses, pero no Compos dinme que estea tranquilo"
O mediocentro do Compostela Joel López mancábase de gravidade nun adestramento hai agora un mes. Quédalle aínda moito para poder xogar, pero hoxe o Compos organizou a súa presentación dun xeito moi especial que contou o xogador en Zona mixta.
Joel falounos da súa lesión: "No das lesións avanzouse moito. Teño para cinco meses, pero no club dinme que estea tranquilo".
E contounos como foi esa especial presentación cando non vai poder xogar nun tempo. Os compañeiros entregáronlle a camisola que vai levar: "A presentación de hoxe foi moi diferente, a verdade. Espero que a evolución sexa a mellor e poder sumarme ao segundo grupo. Temos un bo bloque, non hai que ter presión"
Preguntado por un bloque, o de Yago Iglesias, que leva anos formándose apuntou a importancia de coñecérense tanto: "Os meus compañeiros coñécense case sen mirarse, teñen automatizados as tácticas e os movementos. Os que vimos novos temos que aprender e meternos pronto. Manter o bloque e o adestrador é moi importante".