Zona Mixta
Camilo Álvarez: "David Navarro vai xogar co COB esta vindeira tempada, está asinado".
Camilo Álvarez, presidente do Centro de Deportes Barco pasou pola Zona Mixta para dar unha exclusiva, a fichaxe de David Navarro polo COB.
Comezou o presidente do club ourensán falando do futuro inmediato: "Temos unhas grandes gañas de comezar xa, aínda que temos un horizonte cheo de dúbidas: socios, sponsors, público, patrocinios... A esencia do deporte é a afección e a día de hoxe todo é un mar de incertezas. O xoves xa inscribiremos ao equipo na competición"
E sobre os homes capitais no proxecto: "Gonzalo García de Vitoria é un máis da casa, está casado aquí... é un ourensán máis. A nosa idea é renovar a espiña dorsal dos equipos. A día de hoxe temos fichado xa a David Navarro, con experiencia sobrada en ACB e tamén pechado a Kevin Van Wijk. Fallaron 3 ou 4 xogadores na renovación, pero xa nos estamos movendo para lograr ter un equipo ilusionante. A día de hoxe fáltanos cubrir un 60% da plantilla, pero temos algún nome importante na carteira. A vindeira semana teremos algunha fichaxe"