CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Barça-Celta, Lugo-Mirandés e Celta B-Athlétic B, os partidos destacados do 'Galicia en goles'

14/05/2021 - 15:41 h

No polideportivo destaca o final da segunda fase na LEB Ouro de baloncesto

A fin de semana comeza como sempre na tarde do venres na Radio Galega, coa edición previa do 'Galicia en goles', en que Paco Santos analizará desde as oito e media e ata as doce da noite todo o calendario dos equipos galegos. Ademais conectará con Vista Alegre, onde se disputa o Burela-Betis de fútbol sala.

O sábado, desde as tres, a atención estará posta no Lugo-Mirandés, da Segunda División. Ademais, o programa estará presente no Deportivo-Espanyol, da Primeira feminina; Ourense C. F.-Fisterra, da Terceira; na final da Copa Galicia de fútbol sala feminino, entre o Burela e o Ourense; e no segundo encontro polo ascenso a Primeira de fútbol sala entre o Noia e El Ejido.

Xa o domingo, a edición matinal comeza ás doce do mediodía co Lealtad-Pontevedra, de Segunda B, e o Pontellas-Arzúa, na Terceira. No polideportivo destaca o final da segunda fase na LEB Ouro de baloncesto, con protagonismo para tres equipos galegos: Basquet Coruña, Breogán de Lugo e Club Ourense Baloncesto. Desde as tres o interese pasará polo Barça-Celta, na Primeira; Oviedo B-Coruxo, na Segunda B; e o Celta B-Athlétic B, nas semifinais polo ascenso á Segunda División do fútbol profesional.

Ademais de 'Galicia en goles', a Radio Galega ofrece na fin de semana outros programas deportivos. O sábado, á unha da tarde, o 'Convivir deportivo' estará dedicado ao barranquismo e o trail desde o concello de Folgoso do Courel. A última hora do sábado reparte contidos entre o motor para 'Gas a fondo' ás once da noite e os Xogos Olímpicos no 'Galicia en Toquio' ás once e media. Mentres, a última hora do domingo é de debate para analizar no 'Contraataque' de once a doce da noite os resultados dos equipos galegos.