CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Preparan un recibimento para o Lugo: "O ánimo está baixo, pero hai que estar nas boas, nas malas e nas peores, se non, non somos nada"

14/04/2021 - 15:23 h

A afección do Lugo a través da conta de @Luguismo creou un vídeo de apoio e un recibimento este sábado ás 12.45 horas. En 'Zona mixta' falaron con Edgar Marentes, que leva esa conta en Twitter e é moi activo entre os afeccionados: "Queremos alentar os xogadores e que cheguen con ánimos altos para gañar a final e non caer ao pozo"

Sobre a distancia social e as precaucións en época de pandemia foi moi claro: "As medidas de seguridade van ser totais e a xente de Lugo é moi responsable coa pandemia. Hai que estar nas boas, nas malas e nas peores co equipo. Se non, non somos nada. Somos una masa social non moi grande, pero somos pelexóns"

Sobre a forza do Anxo Carro e as diferenzas entre o anterior e actual adestrador, dixo: "A xeira non é boa, pero as xeiras están para romperse. Sendo sinceros, botamos en falta a Nafti: o equipo tiña profesionalidade, oficio... Pasamos dun equipo duro e rochoso a propoñer o xogo nós. Dito isto, estamos totalmente con Luis César, é o noso líder agora. Todo isto é ben común para xogadores, club, hostalaría, para todos"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso